Escribiendo paridas en la Red desde 2005 ;)

> 10 de julio de 2007

Non nos queren deixar nin o vento

Greenpeace salienta a potencialidade de Galiza para as enerxías renovábeis

No estudo Renovables 100%.Un sistema eléctrico renovable para a España peninsular e a súa viabilidade económica indícase que Galiza reúne as "mellores condicións" para xerar electricidade con enerxía eólica e mareomotora ao menor custo.


Lendo isto recordo unha nova que vin hai algúns meses na Nosa Terra, sobre o desexo do goberno central de retirar as competencias sobre as concesións dos parques eólicos. E non podo evitar encontrar unha relación entre as dúas. Eu supoñía que agora era o momento de descentralizar, ou iso nos dixeron (ben... despois do debate do estado da nación, non o teño tan claro...)

En fin, vexo correlacións onde quizáis non as hai, será que son desconfiada, por iso de ser galega e ademáis pesimista.

Etiquetas: , , ,