Escribiendo paridas en la Red desde 2005 ;)

> 17 de mayo de 2006

A Voz de Galicia

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o xornal La Voz de Galicia lanza, na edición dixital, a súa versión en galego. Non é que os redactores estean a facer un dobre esforzo para escribiren as novas en galego e castelán, nin que teñan un grupo de persoas adicadas á tradución pura e dura, senón que se trata dun sistema informático automatizado, deseñado e desenrolado, entre outros, polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo. Polo tanto, as novas son editadas inicialmente en castelán, mais a súa publicación na edición galega do periódico dixital é inmediata. Como principal inconveniente, o que vos podedes imaxinar: a tradución é, ás veces, desatinada. Coma exemplo, botándolle unha ollada rápida á páxina principal, vin que o sistema traduciu París (o nome da cidade) por Parides: semella que o motor tradutor creu que se trataba da forma verbal do verbo parir.

Se queredes ver como funciona este sistema, podedes probar no tradutor que o SLI pon á nosa disposición.

1 Comentarios:

  • En fecha 17/5/06 21:05, Blogger donosinha comentó…

    Lémbroche que hoxe tamén é o día de Internés... Así que celebración por partida dobre...
    E hai unha iniciativa da Xunta "máis internet, máis galego" que...
    Mais internet, máis galego, máis futuro xorde como web para acubillar unha presada de iniciativas promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, coas que que se quere informar sobre as oportunidades e os desafios que comporta a construción en Galiza da Sociedade da Información e do Coñecemento. Iniciativas que se desenvolven en colaboración coas universidades galegas, empresas tecnolóxicas, asociacións profesionais e de empresas, medios de comunicación e entidades culturais comprometidas co acceso democrático e libre ás novas tecnoloxías a través do software libre.

    E por que non, coma primeiro paso, converten en OBRIGATORIA a ensinanza de informática ós cativos dende os catro anos.

    Como é posibel que Andalucía leve dúas convocatorias seguidas convocando prazas pra profesores de ensinanza secundaria en total máis de 750?? (unhas 250 este ano: 130 prazas de Informática e 120 de Sistemas e Aplicacións; e 530 hai dous anos: 360 prazas de Informática e 170 de Sistemas) e Galiza nin unha... que pasa? que queremos ter unha morea de analfabetos funcionales pululando por eí?? menos mal que os rapaces son listos e o e-donkey fai que ó final aprendan algo...
    E despois fan estas iniciativas...
    ríome eu!!! O diñeiro tense que empregar no que é realmente necesario: ensino. Se non investimos no futuro, este tipo de "iniciativas" quedan no que son: fume.

    En fin! Coma sempre nós os máis atrasados...

     

Publicar un comentario

<< Inicio